miércoles, 9 de octubre de 2013

Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza

O sábado 26 e o domingo 27 de outubro celebrase en Lugo o Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza con fotógrafos de prestixio entre eles Leandro Branco, codirector de National Geographic. Podedes consultar os ponentes e o programa aquí: http://elviajepolar.es (O apartado de inscripción estará listo nuns días pero podedes consultar o resto da información). Ademais de conferencias e proxeccións cos fotógrafos, presentarmos unha exposición sobre a Antártida e organizamos un safari fotográfico pola cidade con concurso incluído para os participantes. O fin de semana completo inclúe a opción de cea e aloxamento en Lugo para participar nunha mesa redonda cos fotógrafos o sábado pola noite. A idea xorde da Viaxe Polar, o proxecto do fotógrafo ferrolano Carlos Caraglia que leva algúns anos divulgando as súas expedicións aos polos. Para máis información podedes consultar tamén no Facebook de Carlos Caraglia e A Viaxe Polar.

No hay comentarios: