viernes, 18 de octubre de 2013

Interesantes talleres fotográficos organizados polo Outono Fotográfico


Eiquí tendes unha ampla variedade de talleres fotográficos. Para mais información ide a páxina do Outono Fotográfico.

Tempo Gris no Pazo da cultura de Pontevedra. Ata o 17 de novembro.

fotografía de David Freire

Podedes visitar a exposición de martes a venres de 17 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 17 a 21 horas. Domingos e festivos de 11 a 14 horas. Na sala de exposicións do Pazo da cultura de Pontevedra.
Espero que a disfrutedes se vos achegades.

miércoles, 9 de octubre de 2013

Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza

O sábado 26 e o domingo 27 de outubro celebrase en Lugo o Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza con fotógrafos de prestixio entre eles Leandro Branco, codirector de National Geographic. Podedes consultar os ponentes e o programa aquí: http://elviajepolar.es (O apartado de inscripción estará listo nuns días pero podedes consultar o resto da información). Ademais de conferencias e proxeccións cos fotógrafos, presentarmos unha exposición sobre a Antártida e organizamos un safari fotográfico pola cidade con concurso incluído para os participantes. O fin de semana completo inclúe a opción de cea e aloxamento en Lugo para participar nunha mesa redonda cos fotógrafos o sábado pola noite. A idea xorde da Viaxe Polar, o proxecto do fotógrafo ferrolano Carlos Caraglia que leva algúns anos divulgando as súas expedicións aos polos. Para máis información podedes consultar tamén no Facebook de Carlos Caraglia e A Viaxe Polar.