miércoles, 24 de marzo de 2010

Premio de Fotografía para Artistas Novos

Por décimo ano consecutivo a revista El Cultural convoca o seu Premio de Fotografía para Artistas Novos que na súa edición anterior gañou Greta Alfaro (Pamplona, 1977).

Un xurado composto por críticos de arte do CULTURAL, ademais da galerista Marta Cervera, será o encargado de seleccionar entre todos os participantes ao gañador desta edición que recibirá 5.000 euros para a produción dunha exposición individual na Galería Marta Cervera de Madrid.
A mostra celebrarase coincidindo co festival de fotografía PHotoEspaña, e ademais, como vén sendo habitual, El CULTURAL publicará nas súas páxinas un dossier coas fotografías do gañador.

O concurso está dirixido a todos os artistas, non maiores de 35 anos, que non expoñan a súa obra de forma individual nunha galería comercial. Deberán participar con obras de tema e técnica libres, orixinais, inéditas e non premiadas noutros certames.

Deberá enviarse, por correo ou mensaxería a
El CULTURAL (Concurso de fotografía. Avenida de San Luís, 25-27. 28033 Madrid)

- Un dossier con reproducións en papel de 10 fotografías distintas, sen enmarcar, cuxo tamaño non exceda os 30 x 30 cm., identificadas no dorso co nome do artista, título e data de realización;
- Un currículo (no que consten a súa formación e a súa traxectoria profesional, nome completo, dirección, teléfono e fotocopia do DNI)
- Unha breve explicación do proxecto que inclúa precisións sobre o tamaño, a técnica e o soporte en que se exporían as obras en caso de resultar premiadas.

O prazo de recepción de obras finaliza o 30 de abril de 2010.

martes, 23 de marzo de 2010

Saen a venda os cartuchos para polaroid



Con só uns meses de retraso sobre as previsions iniciais The Impossible Project acaba de anunciar que su película compatible con cámaras Polaroid estará a venda a partir do 25 de marzo, apenas dentro de dous días.
Serán cartuchos de 8 exposicions en branco e negro a un prezo de 16 libras, en dos variantes, os PX100 para cámaras Polaroid SX-70, e a PX600, compatible con cámaras da serie 600 e as novas PIC-1000 presentadas hace uns meses.

Inauguración da Exposición Pano de Fondo


ACHEGAMENTO Á FOTOGRAFÍA DE ESTUDIO 1880-1960

CENTRO CULTURAL CAIXANOVA- VIGO
INAUGURACIÓN: MÉRCORES 24 DE MARZO ÁS 20h.

lunes, 22 de marzo de 2010

Interesantes cursos de photoshop CS4




El fotógrafo GABRIEL BRAU, autor del libro "LUCES DE ÁFRICA-El tratamiento en B&N del archivo digital", impartirá 2 talleres en A CORUÑA y otros 2 en VIGO.
Web de GABRIEL BRAU

TALLERES A CORUÑA
Taller (1) "EL TRATAMIENTO EN B&N DEL ARCHIVO DIGITAL"
04, 05 y 06 Junio 2010

Taller (2) "MÉTODOS AVANZADOS DE TRABAJO EN FOTOGRAFÍA DIGITAL"
07 y 08 Junio 2010


TALLERES VIGO
Taller (1) "EL TRATAMIENTO EN B&N DEL ARCHIVO DIGITAL"
11, 12 y 13 Junio 2010

Taller (2) "MÉTODOS AVANZADOS DE TRABAJO EN FOTOGRAFÍA DIGITAL"
14 y 15 Junio 2010

Toda la información la teneis aquí.

martes, 9 de marzo de 2010

Datas para os Proxectos Finais de Fotografía Xuño 2010

Límite para a entrega dos anteproxectos: martes 6 de abril
Publicación anteproxectos aptos/Non aptos: venres 9 de abril
Entrega anteproxectos reformados: Luns 12 de abril
Lista definitiva anteproxectos Aptos/Non aptos: Mércores 14 de abril

Límite para a entrega dos proxectos xa rematados: luns 7 de xuño
Publicación proxectos Aptos/Non aptos: venres 11 de xuño
Reunión aclaratoria con alumnos con proxectos Non aptos: martes 15 de xuño
Presentación dos proxectos aprobados: xoves 17 de xuño

A información estará a vosa disposición na escola.

jueves, 4 de marzo de 2010

25 BOLSAS PARA ESTUDANTES DE CICLOS DE GRAO SUPERIOR DE FP OU ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Se estás estudando o último curso dun Ciclo de Grao Superior de FP ou de Artes
Plásticas e Deseño,no ámbito de demarcación de Caja España,e queres ampliar a túa formación no 2010, através de cursos de especialización ou de prácticas laborais en empresas ou centros de alta formación, en España ou no estranxeiro, descríbeo nun Proxecto de non máis de cinco folios, indicando a actividade que desexas realizar, datas de inicio, lugar, orzamento e outros datos ou documentación que o xustifique.

Preséntao en orixinal e dúas copias, nunha sucursal de Caja España antes das 14 h. do xoves, 11 demarzo de 2010, xunto co seguinte boletin de inscrición,un informe de viabilidade do proxecto, cuberto e asinado polo Departamento de Orientación do teu Centro Educativo, un certificado académico que acredite que estás realizando o último curso do ciclo no 2009/10 e no que consten todos os módulos e as cualificacións do primeiro curso do ciclo formativo e un certificado de aceptación e viabilidade, no caso de efectuar prácticas.

O resultado da convocatoria publicarase na web da entidade financiera, na segunda quincena domes demaio de 2010.
Bases e mais información aquí

Se resultas seleccionado/a, recibirás unha bolsa por un importe máximo, de 3.000 Euros!!